top of page

Néstor Barbosa

Diseñador Gráfico & Escritor

Buscar
Foto del escritorNéstor Barbosa

Pensamento nº 2020

Un luns pregunteime onde acabarían todas as miñas lembranzas cando deixe de pertencer a este mundo. Unha curiosa morriña fíxome sentir alegre, dentro da tristeza, que provocou devandito sentimento matinal. Ao non atopar resposta rompinme en anacos semellantes aos dun delicado vaso que decora unha simple mesa de salón. Sen flores, e sen auga.


Coma nunha fábula con metáfora, o martes convertinme en flor e visitei o museo da miña cidade para resgardarme da repentina choiva. Percorrín os corredores da galería tentando atopar a resposta á pregunta do día anterior. E atopeina no pasado recuperado grazas á arqueoloxía.


«Nun futuro todos os anacos rotos que conforman as persoas serán estudados e interpretados nun lugar semellante. E así é como coñeceremos ao ser humano do presente, mesmo nos seus días máis melancólicos». Pensei mentres observaba os anacos expostos dun vaso de cerámica creado por alguén que quizais procurou a mesma resposta que eu nun pasado non tan afastado.


Sargadelos. Botijo Nº 4.


Comments


Mi web está en pleno crecimiento.
Si necesitas conocer más sobre mis proyectos, no dudes en contactar conmigo.

  • Instagram
  • LinkedIn
  • Threads
  • Twitter
  • Facebook
  • YouTube
bottom of page